Diumenge passat, com estava previst, vam inaugurar
l'exposició Ceramic Suite, al Cenima de Foz (Centro de Intrepertación da
Mariña), un lloc preciós! amb sales amplies, molta llum natural i vistes al
mar. Va quedar la nostra obra allí exposada fins el 15 de setembre.
Maite Salutregi
Juana Fernández
Fani Sánchez Barreiro
Koro Martínez
Loli Pinedo
Les obres ací representades són de les cinc artistes que no pogueren assistir. Un bes des d'ací a Maite, Juana, Fani, Koro i Loli.
Varem estar en
tot moment acompanyats per l'artista gallec Caxigueiro, autor del text dels
catàlegs de Cangas i el de Foz. En el d'Éibar vam tindre l'honor de que fos
Antonio Vivas director de la Revista Cerámica el autor del text que podeu
llegir en aquest enllaç. Des d'ací, moltes gracies als dos!
CERAMIC SUITE
Á cerámica, igual que lle aconteceu á escultura a finais do século XIX,
tivo que rachar cos lastres que lle impedían evolucionar cara a posicións
contemporáneas. Por unha banda, debeu alonxarse dos criterios
tradicionais, dos estritos recursos propios do oficio que a acoutaban, para
poder converterse antes de nada en “cerámica de estudo” (Bernard Leach,William
Statie Murray,etc). Por outra banda, tamén aproveitou a experiencia de persoas
alleas ao gremio. A relación de Lloréns Artigas con Miró ou Raoul Dufy, ou a
experiencia de Picasso nos alfares de Vallauris, por poñer algún exemplo, non
só serviron para abrir novos procedementos creativos, senón que permitiron
eliminar prexuízos sobre un material que sempre estivo presente na historia da
arte.
O Estado español, lonxe de quedar ao marxe destas novas correntes, axiña se
incorporou aos movementos de renovación e propiciou a expansión dos lindes
cerámicos. Nomes como Arcadi Blasco, Elena Colmeiro, María Bofill, etc. son
exemplos irrefutables desas linguaxes que, pouco a pouco, foron rachando con
convencionalismos obsoletos. Características particulares tiveron estes
primeiros xermolos, por unha banda hai un significativo número de autores
periféricos, e por outra, unha relevante presenza feminina.
En Galiza, Elena Colmeiro é a primeira en manifestar o seu interese pola
arxila, partindo de conceptos innovadores. Posteriormente, outros artistas como
Luís Seoane, Acisclo Manzano ou Xavier Toubes, entre outros moitos, van
incorporando ese material ao panorama artístico galego, nun espazo que vai
dende o obxecto á escultura ou á instalación. Noutro ámbito, Díaz Pardo facía o
propio co deseño e a industria cerámica. Na década dos oitenta, dous
colectivos, un creado ao redor dunha exposición institucional “Tendencias”, o
outro, denominado “Remol”, van consolidar ese proceso de normalización.
Esta breve introdución sérvenos para celebrar unha interesante exposición
cuxo itinerario pasa polo País e vai poder contemplarse no Auditorio Municipal
de Cangas do Morrazo. Trátase da mostra “CERAMIC SUITE”, unha experiencia
colectiva onde, ao igual que nos inicios desta historia, volvemos a atopar
fortes resonancias periféricas e moitas mans de muller. A proposta mantén a
unidade interna, tanto pola súa intensidade como polo seu compromiso coas
linguaxes contemporáneas.
Están presentes a maior parte das técnicas que permite este material, tamén
o reflexo das principais disciplinas artísticas e, o que é máis importante, o
latexo poético dos membros dos colectivos EKG e KUATRO+2 .
Cando tiven noticia do proxecto, algúns nomes, obviamente, xa me resultaron
coñecidos e de indubidable solvencia (Xela Area Pesqueira, Txaro Marañon,
Cristina Guzmán Traver ou Fani Sánchez Barreiro). Outros, que aínda non tivera
o pracer de coñecer (Juana Fernández, Sonia Abollo, Mar Barral, Ramón
Berraondo, Inés González de Zarate, Jone Urain, Maite Salutregi, Koro Martínez,
Jabi Barasategi, Loli Pinedo), completaban esta “suite” coa harmonía e a
delicadeza que require unha boa orquestra.
“CERAMIC SUITE” é a constatación de que a cerámica contemporánea goza de
moi boa saúde, de que a combinación de terra e lume, igual que en tempos
inmemoriais, segue a espertar todo tipo de suxestións. Unha vez desaparecidos
os límites, quédanos gozar desta nova realidade, un bo exemplo pode ser esta
exquisita experiencia.
Caxigueiro