Cenima de Foz





Diumenge passat, com estava previst, vam inaugurar l'exposició Ceramic Suite, al Cenima de Foz (Centro de Intrepertación da Mariña), un lloc preciós! amb sales amplies, molta llum natural i vistes al mar. Va quedar la nostra obra allí exposada fins el 15 de setembre.


 Maite Salutregi

 
 Juana Fernández

 
Fani Sánchez Barreiro


 Koro Martínez

 

Loli Pinedo

Les obres ací representades són de les cinc artistes que no pogueren assistir. Un bes des d'ací a Maite, Juana, Fani, Koro i Loli.
 
Varem estar en tot moment acompanyats per l'artista gallec Caxigueiro, autor del text dels catàlegs de Cangas i el de Foz. En el d'Éibar vam tindre l'honor de que fos Antonio Vivas director de la Revista Cerámica el autor del text que podeu llegir en aquest enllaç. Des d'ací, moltes gracies als dos!

CERAMIC SUITE
Á cerámica, igual que lle aconteceu á escultura a finais do século XIX, tivo que rachar cos lastres que lle impedían evolucionar cara a posicións contemporáneas. Por unha banda, debeu alonxarse dos criterios tradicionais, dos estritos recursos propios do oficio que a acoutaban, para poder converterse antes de nada en “cerámica de estudo” (Bernard Leach,William Statie Murray,etc). Por outra banda, tamén aproveitou a experiencia de persoas alleas ao gremio. A relación de Lloréns Artigas con Miró ou Raoul Dufy, ou a experiencia de Picasso nos alfares de Vallauris, por poñer algún exemplo, non só serviron para abrir novos procedementos creativos, senón que permitiron eliminar prexuízos sobre un material que sempre estivo presente na historia da arte.
O Estado español, lonxe de quedar ao marxe destas novas correntes, axiña se incorporou aos movementos de renovación e propiciou a expansión dos lindes cerámicos. Nomes como Arcadi Blasco, Elena Colmeiro, María Bofill, etc. son exemplos irrefutables desas linguaxes que, pouco a pouco, foron rachando con convencionalismos obsoletos. Características particulares tiveron estes primeiros xermolos, por unha banda hai un significativo número de autores periféricos, e por outra, unha relevante presenza feminina.
En Galiza, Elena Colmeiro é a primeira en manifestar o seu interese pola arxila, partindo de conceptos innovadores. Posteriormente, outros artistas como Luís Seoane, Acisclo Manzano ou Xavier Toubes, entre outros moitos, van incorporando ese material ao panorama artístico galego, nun espazo que vai dende o obxecto á escultura ou á instalación. Noutro ámbito, Díaz Pardo facía o propio co deseño e a industria cerámica. Na década dos oitenta, dous colectivos, un creado ao redor dunha exposición institucional “Tendencias”, o outro, denominado “Remol”, van consolidar ese proceso de normalización.
Esta breve introdución sérvenos para celebrar unha interesante exposición cuxo itinerario pasa polo País e vai poder contemplarse no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo. Trátase da mostra “CERAMIC SUITE”, unha experiencia colectiva onde, ao igual que nos inicios desta historia, volvemos a atopar fortes resonancias periféricas e moitas mans de muller. A proposta mantén a unidade interna, tanto pola súa intensidade como polo seu compromiso coas linguaxes contemporáneas.
Están presentes a maior parte das técnicas que permite este material, tamén o reflexo das principais disciplinas artísticas e, o que é máis importante, o latexo poético dos membros dos colectivos EKG e KUATRO+2 .
Cando tiven noticia do proxecto, algúns nomes, obviamente, xa me resultaron coñecidos e de indubidable solvencia (Xela Area Pesqueira, Txaro Marañon, Cristina Guzmán Traver ou Fani Sánchez Barreiro). Outros, que aínda non tivera o pracer de coñecer (Juana Fernández, Sonia Abollo, Mar Barral, Ramón Berraondo, Inés González de Zarate, Jone Urain, Maite Salutregi, Koro Martínez, Jabi Barasategi, Loli Pinedo), completaban esta “suite” coa harmonía e a delicadeza que require unha boa orquestra.
“CERAMIC SUITE” é a constatación de que a cerámica contemporánea goza de moi boa saúde, de que a combinación de terra e lume, igual que en tempos inmemoriais, segue a espertar todo tipo de suxestións. Unha vez desaparecidos os límites, quédanos gozar desta nova realidade, un bo exemplo pode ser esta exquisita experiencia.
Caxigueiro
 

Visitant el Espazo Caritel. Un lloc preciós!